Noticias
19 de xaneiro de 2017
Último Día do Club, con Movistar Inter

O Pescados Rubén Burela FS celebrará mañá o terceiro e último Día do Club 2016-17 ás 21.00 horas, coa visita do campión entre campións, Movistar Inter FS, que recala na Mariña, na segunda praza (39 puntos), rozando o liderado de FC Barcelona (40 puntos).


A escuadra laranxa afrontará a 17ª xornada na décimo cuarta posición, con 15 puntos, estreando a batuta de Tomás de Dios.


Nas filas burelistas serán baixa Edu, por rotura de fibras; Chano, por molestias nun talón; e Sergio Cora, por unha escordaruda de nocello.


Convocatoria provisional Pescados Rubén Burela FS: 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 10. Matamoros, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. Bellvert, 20. Miñano, 21. Cuco, 23. Antoñito, 27. Renato, 30 Hélder


Convocatoria Movistar Inter FS: 1. Herrero, 4. Lolo, 6. Daniel, 7. Pola 10. Ricardinho, 11. Taffy, 13. Darlan, 14. Rafael, 15. Álex, 20. Pazos, 23. Ortiz, 31 Gadeia


Venda de entradas


A venda anticipada estará dispoñible ata mañá ás 14.00 horas na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 91, baixo, Burela). A taquilla e as portas de Vista Alegre abriranse ás 20.00 horas. Por cada consumición no bar, os afeccionados recibirán un bolo preñado gratis.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores