Noticias
20 de xaneiro de 2017
Un novel para chegar ao ecuador

O Pescados Rubén Burela FS chega ao ecuador ligueiro mañá pechando a primeira volta en Vista Alegre ante un dos novos en Primeira, Txantrea UDC. As navarras saltarán á pista ás 18.30 horas na duodécima praza, con 9 puntos, ante o mausoleo laranxa, que defende a cuarta praza (30 puntos) empatado co terceiro posto de podio, ocupado por Alcorcón.


Tras un bo inicio de 2017, no reencontro co triunfo, as mariñás loitarán por manter a dinámica de resultados positivos. “De Gironella saímos moi reforzadas; conseguimos remontar o marcador e levar os tres puntos ante un rival directo en postos de Copa do que conseguimos distanciarnos un pouco máis” explicaba a 10 burelista, Lara, que logo dunha boa semana e intensa de adestramentos pode ser dúbida para mañá, ao sufrir un percance onte. “O malo é que no adestramento de onte me manquei no nocello e non sei se poderei xogar aínda que o intentarei”.


“Polo que sabemos delas esperarannos en media pista, aínda que segundo o que coñecemos é un rival atrevido que aperta o balón. Nós intentaremos facer o noso xogo para os tres puntos; cústanos sacar os partidos adiante pero estamos respondendo ben e iso é o importante” reflexionaba así Lara sobre o rival de mañá en Vista Alegre.


Convocatoria provisional Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Silvia, 10. Lara (dúbida), 13. Nerea, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 16. Cilene, 17. Sofía, 18. Shiori, 19. Paula, 26. Elvira

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores