Noticias
21 de xaneiro de 2017
O Pescados Rubén continúa a senda gañadora de 2017
O Pescados Rubén Burela FS continúa coa etapa gañadora de 2017. Esta tarde, Vista Alegre festexou o 4-0, encadeando a terceira vitoria consecutiva ante o novel UDC Txantrea nunha cita de cor laranxa con pleno nas rotacións de Lucas e Julio Delgado. O gol e garra de Dany, con hattrick, reflectiuse en todo o equipo pechando a primeira volta de Primeira RFEF.

Dany fixo gala da posesión laranxa adiantando xa as galegas no minuto 5, xogando o balón con paciencia e atopando polo centro a rede navarra nun disparo raso. O monólogo burelista desenvolveuse sen interrupcións; a única con perigo das visitantes tívoa Mai, recibindo en pivote, ante a atenta reacción de Jozi, sen complicacións. De novo, no 16, nun xogo elaborado e con temperanza, Dany ampliou a renda estrelando o esférico contra o largueiro (2-0).

Máis equilibrio viviu Vista Alegre nos minutos iniciais do segundo período. Antes de cumprirse o primeiro minuto, Mai e Sandra puxeron en apuros a Jozi e segundos despois Cilene salvou baixo paus. Acto seguido chegou a grande oportunidade de ouro das locais, nas zapatillas de Shiori, que sacou Mai na liña de meta. Non errou Cilene no 27 para anotar o terceiro burelista, desde a central e apoiándose en Dany. Silvia intentou sorprender moitísimo perigo por partida tripla rozando a medianía, sen éxito. A falta de máis de tres minutos e medio as navarras sacaron porteira xogadora. O olfacto goleador da pichichi burelista fixo acto de presenza a falta de 1’35”, anotando a súa hattrick co 4-0 definitivo a porta baleira desde pista local. Paula, no último minuto, tivo o quinto nun lanzamento que despexou María Goñi co pé.



Ficha técnica

Pescados Rubén-Burela FS: Jozi, Dany, Judith, Cilene, Shiori, cinco inicial; tamén xogaron Bea Mateos, Paula, Silvia, Elvira, Sofía

UDC Txantrea: María Goñi, Mai, María Miranda, Amaia, Esti, cinco inicial; tamén xogaron Sandra, Eva, Nerea, Virginia, Iris, Josune

Goles: 1-0, minuto 5, Dany; 2-0, minuto 16, Dany; 3-0, minuto 27, Cilene; 4-0, minuto 38, Dany

Árbitros: Dans Rey // Martínez Pena (A Coruña). Por Burela FS,amarela Dany (minuto 37). Por Txantrea, amarela Virginia (minuto 29)

Incidencias: Partido da 15ª xornada de Primeira División RFEF disputado en Vista Alegre ante unhas 300 persoas. Minuto de silencio en memoria do avó da xogadora laranxa Silvia Rubal, Antonio Casas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores