Noticias
9 de febreiro de 2017
En busca del punto de inflexión

Tan só tres días despois de despedirse do billete final de Copa do Rei con Magna Gurpea, o Pescados Rubén Burela FS volverá verse as caras cos navarros mañá, en Vista Alegre (21.00 horas), na busca de aires positivos en liga: “Para nós este partido ten que ser un punto de inflexión para romper esta mala racha sen coñecer a vitoria e cos últimos partidos sen marcar goles” advertía a última incorporación laranxa, o pivote José Carlos.


A bomboneira e a escuadra mariñá debe aliarse para acabar co dique seco e poñer distancias coa zona vermella, co reto de bater a solidez do Magna Gurpea, sétimo na táboa (30 puntos). A ansiedade non ten cabida nesta cita: “Se non competimos ao máximo nivel, con concentración plena, non poderemos sacar os tres puntos. Para nós é unha final. O partido vai ser diferente ao do martes en Copa; alí tiñamos que remontar 1-5, foi moi complicado, aínda que tivemos as nosas ocasións eles aproveitaron un par de erros nosos e foi imposible dar a volta á eliminatoria” recordaba o 31 un burelista, con pechadura en semifinal copeira con 3-0 en contra en Pamplona.


Un dos baluartes para o cambio será a bancada: “Vin unha chea de veces como rival e Vista Alegre sempre foi un pavillón moi bonito para xogar; espero notar ese alento que vía como contrario e que a afección nos axude desde o primeiro minuto aínda que non nos saian as cousas. Para saír desta situación uno dos nosos puntos fortes é a afección e traballaremos para volver enganchala, aínda máis”, pedía así o pivote laranxa o apoio da Bancada Laranxa para un compromiso duro e competido fronte a un rival moi experimentado: “Sabemos bastante do seu esquema e temos que contrarrestalo, e máis na casa. Estamos mentalizados para gañar, estamos desexando saír de aquí. Creo que mañá imos ver un bo Burela; necesitámolo como club e necesítao a afección”.


Tras dúas semanas desde a súa chegada, José Carlos xa se atopa ao cento por cento, a disposición de Tomás de Dios: “Adapteime bastante rápido, os compañeiros puxéronmo moi doado, tanto os que xa coñecía como os que estou coñecendo; todos estiveron comigo de dez e axudáronme moito. Tamén estou collendo ben o ritmo de competición; para iso veume moi ben o partido de Copa”.


Os burelistas completarán a semana con sesión esta tarde e mañá pola mañá. As ausencias mariñás por lesión serán Edu, Chano, Mata e Sergio Cora.


Convocatoria provisional Pescados Rubén Burela FS: 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. Bellvert, 20. Miñano, 21. Cuco, 23. Antoñito, 27. Renato, 30. Hélder, 31. José Carlos

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores