Noticias
17 de febreiro de 2017
Pugna polo podio

O Pescados Rubén Burela FS vivirá un dos grandes duelos da xornada 18 de Primeira RFEF este domingo na pista do Ciudad de Alcorcón FSF, na pugna polo bronce do podio, custodiado polas locais con 39 puntos, fronte aos 36 das mariñás. O encontro comezará ás 13.00 horas en Los Cantos.


“Estámonos xogando o terceiro e cuarto posto, vai ser un partido moi emocionante e disputado” adiantaba a capitá laranxa, Bea Mateos. En Vista Alegre, os tres puntos subiron á cuadrícula das madrileñas con 1-3; para o domingo, a 14 burelista espera un equipo máis maduro e formado: “Medirémonos a un rival máis traballado; comezou a tempada con novidades e melloraría moitísimo, aínda que para min xa era un equipazo. Xogando na súa pista quererán sacar os tres puntos si ou si, pero nós imos dispostas a non darlles nin a máis mínima facilidade” aseguraba Bea Mateos nunha semana con gran reforzo anímico polo excelente traballo demostrado ante o líder: “Todo o mundo saíu con boas sensacións porque se fixo un grande esforzo e loitouse ata o final, pero parece que sempre nos sobran 5 minutos contra o Alético de Madrid”, lembraba a salmantina.


O equipo de Lucas e Julio Delgado chega á cita con limitacións nos efectivos. “As xogadoras que estamos tendo moitos minutos temos molestias; eu non adestrei en toda a semana, a ver se podo chegar para o domingo. Xa temos preto un descanso, a ver se nos recuperamos un pouco” concluía a 14 burelista. Nerea será dúbida de última hora.


Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Silvia, 10. Lara, 13. Nerea, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 16. Cilene, 17. Sofía, 18. Shiori, 19. Paula, 26. Elvira

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores