Noticias
18 de febreiro de 2017
O Jaén Paraíso Interior vence por 2-4 en Vista Alegre
O duelo comezou cun ritmo alto por parte de ambos conxuntos que presionaban con eficacia ao seu rival e non permitían ocasións. A igualdade era a tónica dominante ata que o Pescados Rubén sorprendeu ao Jaén co xogo de cinco. O canteirán Hélder abriu o marcador cun potente zurdazo que fulminou a Dídac, minuto 6. Co 1-0 a escuadra local asentouse mellor no partido que os visitantes que non lograban conectar o seu xogo ante as diferentes defensas suscitadas polos burelistas. Ademais os locais tomaron a iniciativa ofensiva co xogo de cinco minimizando o poderío ofensivo xienense. Superado o ecuador do primeiro periodo chegou o afortunado empate visitante. No minuto 12 Boyis cazou un disparo afastado de Mauricinho para igualar a contenda (1-1). O Pescados Rubén acusou o golpe e o Jaén Paraíso Interior volveu atoparse cun rexeite afortunado que Campoy resolveu con solvencia para bater a Miñano e establecer o 1-2, minuto 14. O Burela intentou repoñerse dun novo golpe pero ao descanso chegouse co 1-2.

Na continuación ambos conxuntos saltaron de novo cun ritmo elevado intentando impoñer as súas bazas pero o aspecto defensivo impoñíase ao ofensivo. Campoy avisou cun disparo ao pau e os locais volveron intentar sorprender con xogo de cinco, nesta ocasión con Iago Rodríguez pero sen o efecto esperado. No minuto 29 unha precipitada saída de Miñano aproveitouna Solano para situar o 1-3 cunha sinxela vaselina. O Burela acusou o terceiro tanto e Dani Martín aproveitou unha contra para marcar o 1-4, minuto 36. Reaccionou con coraxe a escuadra local, Iago Rodríguez acertou a bater a Dídac e o Pescados Rubén apertou para acurtar distancias. O pau rexeitou un gran disparo de Iago Míguez, minuto 37, e outro de Bellvert no minuto 39. Intentouno ata o final o Pescados Rubén Burela pero os andaluces aguantaron e leváronse a vitoria.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Miñano, Bellvert, Renato, Iago Míguez, José Carlos -cinco incial- Hélder, Cuco, Iago Rodríguez, Isi, Antoñito, Carlitos.

Jaén Paraíso Interior: Dídac, Mauricio, Boyis, Mauricinho, Chinés -cinco inicial- Campoy, Fabián, Javi Alonso, Solano, Dani Martín, Murga.

Goles: 1-0, m.6, Hélder; 1-1, m.12, Boyis; 1-2, m. 14, Campoy; 1-3, m.29, Solano; 1-4, m. 32, Dani Martín; 2-4, m.33, Iago Rodríguez.

Árbitros: Felipe Mandorrán (País Vasco), Urbanoz Apetezguia (Navarra). Amosaron cartón amarelo a Renato, Iago Rodríguez de Pescados Rubén Burela. No Jaén Paraíso Interior cartón amarelo a Campoy.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 21 de Primeira División LNFS disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 800 espectadores.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores