Noticias
25 de febreiro de 2017
O Peñíscola vence por 5-1 ao Pescados Rubén Burela
Fotografía: Prensa Peñíscola. LNFS
O Peñíscola Rehabmedic fraguó a súa vitoria nunha primeira parte equilibrada pero que reflectiu a racha de ambos equipos. Os locais amosaron a súa eficacia ofensiva e a súa fortuna mentres que o Pescados Rubén Burela non atopaba o último pase para xerar situacións de perigo e coa fortuna en contra. Moi pronto chegou a primeira embestida local xa que aos 2 minutos Rubén Orzáez situaba o 1-0 que encarrilou o triunfo local. O conxunto galego buscou a reacción ante un Peñíscola moi ordenado en defensa e que levou o partido ao ritmo que máis lle interesaba aínda que sen excesivo perigo en ataque. No minuto 12, Juan Emilio marcou o 2-0 mostrando a súa eficacia goleadora. Acto seguido o Burela optou polo xogo de cinco buscando cambiar a dinámica do choque pero unha acción individual de Terry gañando a liña de fondo e pase ao corazón do área que provocou o 3-0 co que se chegou ao descanso. Na segunda parte o Pescados Rubén saltou á pista con maior agresividade e con xogo de cinoco pero, de novo, o Peñíscola foi máis contundente e nesta ocasión foi Míchel o que se aliou coa fortuna e o seu remate toca en Iago Rodríguez aumentando a vantaxe local. Co 4-0 o Pescados Rubén alternou o xogo de cinco, con diferentes protagonistas, e o Peñíscola replegou as súas liñas en busca do contragolpe definitivo. Sen moitas ocasións chegouse ao tramo final do partido cando Iago Rodríguez recortou distancias (4-1) desde o dobrepenalti. Con só dous minutos para a remontada o Burela volveu xogar de cinco e gozou dun par de ocasións claras para recortar distancias pero primeiro Carlitos e despois José Carlos topáronse cos reflexos de Iker. No último suspiro Míchel pechou o marcador co definitivo 5-1. Ficha técnica Peñíscola Rehabmedic: Iker, Lucas Bolo, Míchel, Rubén Orzáez, Juan Emilio -cinco inicial- Iván Rumbo, Fran Conde, Marquinho, Esteban, Terry, Raia. Pescados Rubén Burela FS: Miñano, Isi, Iago Míguez, Iago Rodríguez, Antoñito -cinco inicial- Bellvert, Cuco, José Carlos, Carlitos, Hélder, Álex. Goles: 1-0, m.2; Rubén Orzáez; 2-0, m.15, Juan Emilio; 3-0, m.18, Antoñito (p.p); 4-0, m.23, Iago Rodríguez (p.p); 4-1, m.38, Iago Rodríguez (dp); 5-1, m.40, Míchel. Árbitros: Juan Cerdá, Martínez García. Tarxeta amarela a Cuco (m.10), José Carlos (m.19), Álex (m.31), Isi (m.40) no Pescados Rubén Burela. Tarxeta amarela a Juan Emilio (m.19), Iván Rumbo (m.38). Incidencias: Partido correspondente á xornada 22 de Primeira División LNFS disputado no pavillón municipal de Peñíscola.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores