Noticias
3 de marzo de 2017
Volta Primeira RFEF con Majadahonda en Vista Alegre

O Pescados Rubén Burela FS retoma mañá os compromisos ligueiros na xornada 19 coa visita do Majadahonda FSF Afar4 (Vista Alegre, 18.30 horas), tras o ansiado descanso polo Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub-21. “O equipo levaba unhas xornadas moi intensas e tivemos estes días para descansar e seguir traballando ben e con concentración, para seguir a boa liña; foron dúas semanas que o equipo aproveitou moi ben. As xogadoras que estaban con molestias xa van moito mellor; esta última semana adestraron sin ningún problema”, explicaba o técnico laranxa, Iván Cao ‘Lucas’.


Dende a cuarta praza (37 puntos), as burelistas mediranse ás madrileñas, que chegan á Mariña na décima praza (22 puntos). Ambas as escuadras volven á competición, tras senllos empates 2-2; fronte ao Gironella, o Majadahonda rompeu o ciclo de tres partidos sen puntuar e o Pescados Rubén conseguiu un valioso empate en Alcorcón, tras a rifada pugna fronte ao Navalcarnero. “Competimos moi ben nos dous últimos partidos, aínda que só conseguimos 1 punto. En realidade o que de verdade suma son os puntos, non o nivel competitivo, e para nós é moi importante recuperar a senda da vitoria mañá” adiantaba Lucas.


“O Majadahonda é un equipo moi anárquico, pero tamén con moita calidade individual, fortaleza física, agresividade, intensidade e ante o que precisaremos concentración plena porque pode crear moitos perigos. É un equipo que ao mellor fóra da casa baixa un pouco pero está creando moitos problemas aos conxuntos de arriba” advertía o focego.


Na ida os tres puntos foron para as burelistas, por 1-5.


Lucas y Julio Delgado non poderán contar con Nerea, por lesión nun nocello, e xa ausente no último partido.


Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Silvia, 10. Lara, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 16. Cilene, 17. Sofía, 18. Shiori, 19. Paula, 26. Elvira


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores