Noticias
7 de marzo de 2017
Apostando pola Mariña Lucense

O Pescados Rubén Burela FS segue apostando por difundir a marca da Mariña Lucense e para iso presentoulle unha proposta de plan de patrocinio á Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense para retomar a iniciativa de volver exercer como embaixador da maxia turística da comarca.


O club laranxa expuxo o proxecto no último pleno da Mancomunidade ante alcaldes e concelleiros representantes de todos os municipios da Mariña e solicitou formalmente que o tema figure na orde do día da próxima reunión da entidade comarcal. “Con esta idea o Pescados Rubén ofrece a súa proxección como entidade de referencia nacional no fútbol sala para que A Mariña Lucense sexa coñecida e recoñecida en toda España. Non é unha colaboración nova; xa tivemos a oportunidade de ser escaparate da comarca en anos anteriores e esperamos que no próximo pleno a Mancomunidade volva brindarnos o seu apoio posto que consideramos que pode ser un acordo moi beneficioso para ambas as partes” explicaba o presidente do club laranxa, Manuel Blanco.


O Pescados Rubén luciu con orgullo a imaxe da Mariña Lucense por todos os pavillóns de Primeira División, masculina e feminina, durante as últimas catro tempadas. No seu obxectivo de dar continuidade á iniciativa, o club laranxa tamén está estudando dar un paso máis proxectando as singularidades de cada concello mariñán lonxe de Vista Alegre cunha ampla axenda de promoción turística en cada un dos destinos da liga.


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores