Noticias
26 de marzo de 2017
Rioja 1-5 Pescados Rubén
O Pescados Rubén Burela FS puido proseguir coa súa boa dinámica na visita desta mañá á cancha do penúltimo clasificado, Rioja FSF, cun claro 1-5. “Foi un partido moi completo no que dominamos de principio a fin con participación de toda a convocatoria e no que as xogadoras máis novas souberon dar ese paso adiante que o cadro estaba necesitando? explicaba o técnico laranxa, Iván Cao ‘Lucas’ tras a cita.

Ante un Rioja FS en media pista, as mariñás axiña atoparon a tranquilidade para marcar os tempos do encontro, con dúas dianas con xogo de pivote, de Bea Mateos, no minuto 4, e Cilene, no 6. A partir de aí, as locais abríronse e as de Lucas e Julio Delgado puideron estar máis cómodas incidindo en perigo, ocasións e dominio, ante un rival que non causou problemas maiores á meta de Jozi. Shiori, nos minutos 15 e 17, foi a encargada de ampliar a renda antes do descanso.

Un contragolpe serviulle a Judith para asinar o 0-5 no minuto 27, nunha segunda parte na que o asedio laranxa seguiu proliferando aínda que con menos acerto nos últimos metros. Ata a recta final as locais non xeraron apenas perigo; Cristina puido maquillar o marcador no 37 co definitivo 1-5, aproveitando unha perda das galegas.
Ficha técnica

Rioja FSF: Sandra, Cristina, Gloria, Carmen, Patricia, cinco inicial; tamén xogaron Ainhoa, Nahia, Marta, María, Marta G.
Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Bea Mateos, Cilene, Shiori, cinco inicial; tamén xogaron Lara, Judith, Silvia, Sofía, Elvira, Cristina, Nerea
Goles: 0-1, minuto 4, Bea Mateos; 0-2, minuto 6, Cilene; 0-3, minuto 15, Shiori; 0-4, minuto 17, Shiori; 0-5, minuto 27, Judith; 1-5, minuto 37, Cristina
Árbitros: Crespo Nájera // Hernández Falcato
Incidencias: Partido correspondente á xornada 22 da Primeira División. Disputado no Palacio dos Deportes de Logroño


Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores