Noticias
1 de abril de 2017
O Aspil Vidal Ribera Navarra vence por 6-3 ao Pescados Rubén Burela
Crónica LNFS. Aspil Vidal Ribera Navarra venceu ao Pescados Rubén Burela (6-3) nun partido que estivo controlado polos navarros na súa totalidade. Os tudelanos fixéronse coa vitoria grazas aos tantos de Lucas, J. Mínguez, Rubi e Ferran Plana e obtén a permanencia matemática e a falta de tres xornadas loitará por alcanzar a oitava praza que dá dereito a xogar os Play Off. Os mariñaos pola súa banda, continúan en postos de descenso.
Fotografía: Prensa Ribera Navarra. LNFS
O primeiro achegamento a porta foi para o conxunto galego, obrigando a Molina a despexar o esférico. Despois foi Bellvert quen tivo a oportunidade de anotar, pero Pedro estivo rápido evitando o tanto visitante e mandando o balón a saque de esquina nunha boa acción defensiva. No minuto cinco Lucas, que saíu desde o banquiño, anotou o primeiro tanto do partido, poñendo o 1-0 no marcador tras marcar no segundo pau logo dunha asistencia de Luisma.

No minuto 8 Pedro fixo o segundo tanto, tras unha boa xogada á contra de Rubi. Ningún dos dous equipos chegou con claridade ás porterías no segundo tramo da segunda parte, manténdose no electrónico o resultado de 2-0. Lucas anotou o 3-0 no minuto 15, cun potente disparo desde fóra do área. A falta de dous minutos para o final da primeira parte, Tomás de Dios empregou porteiro xogador a través de Isi, pero o marcador non se moveu e o partido chegou ao seu ecuador.

Pouco tempo logo de comezar a segunda parte, Rubi tivo a ocasión de ampliar aínda máis a diferenza dos locais, pero o seu disparo marchouse fóra. No minuto 25 de encontro, J. Mínguez marcou o cuarto para os locais, tras unha boa xogada persoal que finalizou colocando o balón á esquerda de Edu.

Tralo cuarto tanto, Burela empregou porteiro xogador a través de Antoñito, cando restaban 14 minutos para a finalización do partido. José Carlos recortou distancias no minuto 32, poñendo o 4-1 no luminoso. Iago Rodríguez recortou aínda máis distancias anotando o segundo para o conxunto galego no 36, pero Rubi marcou o 5-2 un minuto despois. No minuto 39, Ferran Plana puxo o 6-2, e pouco despois José Carlos fixo o 6-3, resultado co que o partido finalizou.

Ficha técnica
Aspil Vidal Ribera Navarra: Molina, David, Rubí, Pedro, Ferrán Plana -cinco inicial- Luisma, Lucas, Mínguez, Oussama, Arriazu, Abdel, Kostas.

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Iago Rodríguez, Iago Míguez, José Carlos, Renato - cinco inicial- Antoñito, Cuco, Bellvert, Hélder, Carlitos.

Goles: 1-0, m.5, Lucas; 2-0, m.8, Pedro; 3-0, m.15, Lucas, 4-0, m.25, Mínguez; 4-1, m.32, José Carlos; 4-2, m.36, Iago Rodríguez; 5-2, m.37, Rubí; 6-2, m.40, Ferrán Plana; 6-3, m.40, José Carlos.

Árbitros: Gallo Suárez, Velasco Martínez. Cartón amarelo a Pedro, min.15, e a Mínguez, min.26 do Ribera Navarra.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 27 de Primeira División LNFS disputado no pavillón Cidade de Tudela.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores