Noticias
6 de abril de 2017
Jorge Quelle defenderá a Galicia Infantil no Nacional
Jorge Quelle, xunto ao adestrador Christian Fustes; o seleccionador, Ibán García; e o coordinador de seleccións locais, Alfonso Mera

O infantil do Pescados Rubén Burela FS Jorge Quelle defenderá a Galicia Infantil no Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas que se disputará entre mañá e o domingo na localidade abulense de Arévalo.


O combinado que dirixe o tamén mariñán Ibán García partirá mañá dende A Coruña e xa se medirá a Castela A Mancha pola tarde, ás 17.00 horas no pavillón Ataquines, intregrado no Grupo A. O sábado enfrontarase a Valencia ás 10.00 horas, no caso de gañar o partido do venres, ou ás 17.00 horas, se perde na cita inaugural.


O Grupo B estará composto por Castela e León, Andalucía e Estremadura. A final está prevista para o domingo, ás 9.15 horas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores