Noticias
7 de abril de 2017
Dobre reto en Ourense

O Pescados Rubén Burela FS encadea emoción de derbi irmandiño mañá na casa do Ourense Envialia FSF (17.00 horas, Os Remedios), na xornada 24, co obxectivo de plasmar no resultado o  bo xogo mariñán, pero tamén de desquitarse do último envite coas ourensás, no que se despediron do periplo de Copa Galicia: “É un dobre reto. O último enfrontamento con Ourense, en Copa Xunta, foi moi negativo pola derrota e tamén polo resultado avultado; por outro lardo a semana pasada fixemos un gran partido ante o Poio pero ao final escaparon dous puntos da casa e para recuperarnos teremos que ir a pola victoria en Ourense” explicaba Julio Delgado, compartindo responsabilidades con Iván Cao ‘Lucas’ á fronte do vestiario laranxa.


As burelás buscarán referendarse na cuarta praza, con 48 puntos, fronte á quinta das de Ourense, con 40. “Creo que vai ser un choque bastante intenso e con igualdade. O Ourense chega con ganas para restar puntos coa cuarta praza; é un rival directo, da nosa liga, que ten unha plantilla que se coñece moi ben, que leva anos xunta, cun xogo agresivo” advertía o técnico laranxa, incidindo no encontro de Vista Alegre en liga, con triunfo 1-0 para o Pescados Rubén, como libro de ruta: “Cada partido é unha historia. Non podemos tomar como referencia o encontro de Copa Galicia e si fixarnos, no entanto, un pouco máis na cita da primeira volta, cun bo partido, con gran desgaste e moita concentración pola nosa parte. Creo que será un partido que se debe decidir por detalles e esa é a nosa intención; esperemos que desta vez non decaia nos primeiros minutos como aconteceu en Copa Xunta; xa que despois do 2-0 xa nos limitou en exceso” explicaba Julio Delgado, incidindo na concentración laranxa como punto determinante para regresar cos 3 puntos: “Non podemos caer no seu xogo. Temos que saber usar as nosas armas facendo fronte a un rival que vai subir a defensa e vai apertar moito” puntualizaba.


A Copa de España, cada vez máis preto, vai cobrando importancia na axenda burelista: “Xa pensamos en disputar a Copa de España, sen deixar de loitar por quedar o máis arriba posible na clasificación. Estamos traballando ao máximo, temos que aproveitar este tipo de partidos, con máxima igualdade, para facernos unha idea do que poderemos atopar na Copa” deixaba ver Julio Delgado.


Silvia será baixa por unha escordadura de xeonllo que xa lle impediu disputar o partido con Poio da semana pasada.


Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 10. Lara, 13. Nerea, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 16. Cilene, 17. Sofía, 18. Shiori, 26. Elvira

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores