O xogador infantil do Pescados Rubén Burela FS Jorge Quelle proclamouse campión de España con Galicia no Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas disputado esta fin de semana na localidade abulense de Arévalo.
O combinado de Ibán García fíxose co título fronte a Andalucía por un axustado 6-5 despois de impoñerse con solvencia a Castela A Mancha (19-1) e Valencia (6-2), con senllos dobretes goleadores da promesa laranxa.