Noticias
13 de abril de 2017
A salvación pasa por Zaragoza. Venres 14, 18.30 (entrada gratuíta ata as 18.00)
“Despois dos resultados dos últimos meses, o venres é un partido importantísimo, somos conscientes, non temos colchón e temos que saír de Vista Alegre cos tres puntos porque a salvación pasa por este partido” explicaba a última incorporación ao Pescados Rubén Burela FS, o pivote José Carlos, nas filas do rival, Ríos Renovables Zaragoza FS, a tempada pasada: “Temos que saír como estamos saíndo ultimamente, ata cun punto máis. A súa defensa adóitaselle atragoar a todos os equipos; levan moitos anos traballando así. Eu coñézoos bastante, sei como van facer esa zona. Desde a semana pasada levamos preparando o partido para ver se podemos derribar esa defensa en zona”.

Vista Alegre acollerá a gran final, na xornada 28, mañá ás 18.30 horas, con entrada gratuita ata as 18.00 horas. Unha cita vital na que os mariñáns depositan, unha vez máis a súa fortaleza na Bancada Laranxa para manter fol na pugna por manterse na elite: “Rompemos a mala racha con Cartagena grazas á afección; ante Gran Canaria volveron responder moi ben e, malia a derrota, tan só uns días despois estiveron connosco para gañar a Catgas. Confiamos en que a xente responda porque nos dan ese apoio tan necesario en determinados momentos do partido; eles vannos axudar e a salvación será para eles”.


O 31 burelista espera que a porcentaxe de acerto de cara á portería cambie para que os tres puntos queden na casa fronte a un equipo que chega na 10ª praza pelexando por alcanzar postos de play off nesta recta final: “Non estamos tendo sorte, estamos xerando ocasións pero non marcamos, non estamos precisos... É parte da dinámica negativa que nos lastra. Na última xornada volvín atoparme co gol, estou tendo moitas ocasións e esperemos que este venres estea todo un pouco de cara para que poidamos ser eficaces en finalización e poidamos marcar un gol máis que o rival para eses tres puntos vitais”.

O cadro de Tomás de Dios realizará a última sesión hoxe ás 21.00 horas. A expedición de Zaragoza chegará á Mariña esta tarde; adestrará hoxe en Foz e mañá pola mañá en Vista Alegre, con 1. Arturo, 3. Iván Beltrán, 8. Richi Felipe, 9. Carlos García, 10. Retamar, 14. Kosuke, 15. Nano Modrego, 16. Jorge Santos, 24. Adri Ortego, 25. Iván Bernad, 27. Marco Mandado, 28. Anuar

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores