Noticias
14 de abril de 2017
As Xoias Laranxas danlle pulo a unha vital e contundente vitoria fronte a Zaragoza (5-0)

Vista Alegre e o Pescados Rubén Burela FS demostraron esta tarde, unha vez máis, que nunca se renden e que pelexarán ata o último suspiro para seguir competindo na élite. O carisma das Xoias Laranxas, de Hélder e Renato, marcou o camiño dunha vital e contundente vitoria fronte ao Ríos Renovables Zaragoza FS (5-0), co incondicional apoio dunha Bancada Laranxa ata a bandeira.
Hélder, no minuto 8, deu a primeira alegría empuxando sen tatexar un pase de Iago Míguez desde a banda tras saque longo de Edu; segundos despois o naronés freou co peito o zurdazo de Iván Beltrán. Os de Tomás de Dios souberan manterse firmes antes uns primeiros minutos con máis perigo dos visitantes, aínda que a partir do minuto 6 o PescadosRubén foi avanzando en posesión e ocasións. O segundo gol con brillo laranxa, tras o descanso, deulle ás ao Pescados Rubén para poñer unha marcha máis, con axexo continuo sobre a rede do Ríos Renovables; Renato recibiu fronte á meta maña un gran pase de Hélder (minuto 26). Superado o ecuador da segunda parte e cunha Bancada Laranxa que levaba en volandas os mariñáns. Vista Alegre case se vén abaixo co terceiro, nas zapatillas de Cuco, ao aproveitar un rexeite. O Ríos Renovables foi a pola remontada con xogo de cinco liderado por Retamar, alternando con Adri Ortego. O cuarto chegou nas zapatillas de José Carlos, a porta baleira, desde media pista, nunha recuperación (minuto 35), e Cuco volveu ver portería a falta de pouco menos de tres minutos para a bucina final, cazando un rexeite de Iván Bernad nunha acción tras a que o meta do Ríos Renovables viu a segunda amarela e foi expulsado. O Pescados Rubén soubo sufrir e sacar partido das súas oportunidades; a partir de aí todo foi moito máis doado para frenesí dun Vista Alegre que hoxe a vivido un dos seus mellores espectáculos dentro e fóra da pista.


Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS:
Edu, Isi, Cuco, Antoñito, José Carlos, cinco inicial; tamén xogaron Iago Míguez, Renato, Iago Rodríguez, Hélder
Ríos Renovables Zaragoza FS: Iván Bernad, Richi Felipe, Retamar, Nano Modrego, Adri Ortego, cinco inicial; tamén xogaron Jorge Santos, Iván Beltrán, Carlos García, Anuar, Arturo, Kosuke
Goles: 1-0, minuto 8, Hélder; 2-0, minuto 26, Renato; 3-0, minuto 31, Cuco; 4-0, minuto 35, José Carlos; 5-0, minuto 38, Cuco Árbitros: González Moreta // Sánchez Chamorro (Castela e León). Por Burela FS, amarela a Iago Míguez (minuto 10), Isi (minuto 37). Por Zaragoza amarela a Iván Bernad (minuto 25 e 38), Adri Ortego
Incidencias: Partido correspondente á xornada 28 de Primeira División LNFS disputado no pavillón Vista Alegre con aforo

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores