En virtude do artigo 16 dos Estatutos do Club e do artigo 1 do vixente regulamento electoral, convócase ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA para o domingo 30 de abril de 2017.
A reunión terá lugar no salón de conferencias de Burela (antiga biblioteca); a primeira convocatoria está fixada para as 19.30 horas e a segunda para as 20.00.
ORDE DO DÍA
1. Lectura e aprobación da acta anterior, se procede
2. Convocatoria de eleccións de Presidencia e Xunta Directiva
3. Constitución de mesa electoral
4. Rogos e preguntas