Noticias
21 de abril de 2017
ElPozo Murcia vence por 7-1 ao Pescados Rubén Burela
Fotografía: Prensa ElPozo Murcia
Crónica. LNFS
ElPozo Murcia impúxose a Pescados Rubén Burela (7-1) nun encontro que dominou de principio a fin. Os murcianos venceron grazas aos tantos de Marinovic, Raúl Campos, Miguelín, Andresito, Elías e Pito, por partida dobre.

O conxunto murciano arrincou o partido mellor que o galego. Proba diso foron as ocasións de Elías, despexada por Edu, e Pito, cuxo disparo marchar fóra. Foi o propio Pito quen adiantou a ElPozo Murcia, no minuto 8 de partido. O bo xogo da escuadra murciana continuou, e Marinovic marcou o segundo tanto no minuto 10.

O dominio dos de Duda fíxose patente no terceiro tanto, anotado por Raúl Campos no minuto 13 de encontro pero o Pescados Rubén Burela non se rendeu e Isi recortou distancias para o conxunto lucense no minuto 18. Co resultado de 3-1 ambos equipos enfilaron o túnel de vestuarios.

Tralo descanso, ElPozo Murcia seguiu dominando o encontro. Cinco minutos logo da reanudación, Miguelín fixo o cuarto, poñendo o 4-1 no marcador. Andresito, que regresaba, marcou o quinto de ElPozo Murcia no minuto 31. ElPozo Murcia deixaba case sentenciado o encontro co sexto tanto, anotado por Pito no minuto 34. O conxunto dirixido por Duda chegou á quinta falta de tres minutos para o final do encontro e no minuto 38 Elías fixo o definitivo 7-1, marcando a porta baleira.


Ficha técnica

ElPozo Murcia: Fabio, Bebe, Miguelín, Alex, Raúl Campos –cinco inicial- Elías, Andresito, Fernando, Marinovic, Matteus, Pito.

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Isi, Cuco, Antoñito, José Carlos – Hélder, Iago Míguez, Iago Rodríguez, Renato

Goles: 1-0, m.8, Pito; 2-0, m.10, Marinovic; 3-0, m.13, Raúl Campos; 3-1, m.18, Isi; 4-1, m.25, Miguelín; 5-1, m.31, Andresito; 6-1, m.34, Pito; 7-1, m.38, Elías.

Árbitros: Moreno Reina, Ramos Marín.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 29 de Primeira División.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores