O Concello de Burela homenaxeou os títulos de campións de España de seis integrantes do Pescados Rubén Burela FS que participaron coas Seleccións Galegas no Campionato de España de Salou a comezos do mes de maio. Defendendo a elástica da Irmandiña Xuvenil, estiveron Nito, Pitero e Edmilson cos técnicos Juanma Marrube e Christian Fustes, e representando a Selección Feminina Sénior, Sofía.
O alcade, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, fixeron entrega de detalles recordatorios aos campións, que acudiron ao acto acompañados polo presidente do club, Manuel Blanco.