Noticias
16 de xuño de 2017
Ana Romero continuará defendendo a rede laranxa

Ana Belén Romero Pérez (Yecla, 1994) continuará defendendo a rede laranxa en 2017-18. A murciana formalizou a renovación co Pescados Rubén Burela FS esta semana, antes de regresar á súa terra para gozar do descanso estival.


A porteira, que xa defendera os intereses laranxas a comezos de 2016-17, regresou á entidade mariñá na recta final de liga tras cumprir cos seus compromisos laborais e académicos en Inglaterra e en Murcia. Ana convértese na segunda renovación do equipo, tras a da brasileira Cilene: “Será un ano máis, con ilusión e ganas, para seguir aprendendo e gozando da calidade do fútbol sala no máximo nivel” explicaba a 12 burelista, marcándose grandes metas para 2017-18: “Foi unha tempada rara, polas miñas circunstancias persoais, pero a próxima empezarei de cero, centrada xa desde o inicio; temos que esforzarnos e superarnos para mellorar a tempada pasada e loitar por títulos”, puntualizaba Ana Romero.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores