Noticias
23 de xuño de 2017
Abonos para a Tempada 2017-18

O Pescados Rubén Burela FS aprobou na súa última asemblea, onte, as cotas dos abonos para a tempada 2017-18 con baixada de prezos, con dereito a presenciar os partidos de Vista Alegre tanto en Segunda LNFS como en Primeira RFEF.


Individual: 80 euros


Familiar: 140 euros


Xubilado: 50 euros


Abono 25 (de 18 a 25 anos): 25 euros


Abono 17 (de 0 a 17 anos): Gratuíto


Non socios. En Segunda LNFS, para as persoas que non dispoñan do abono 2017-18, a entrada custará 10 euros/adulto, e en Primeira RFEF, o prezo será de 5 euros/adulto. Os menores de idade entrarán de forma gratuíta en ambas competicións.


Horario de Segunda LNFS. Seguindo as normas reguladoras da LNFS para Segunda División, os partidos en Vista Alegre serán os sábados pola tarde.


Tarifas ED 2017-18. Tamén foi aprobada a proposta da xunta directiva sobre as tarifas da escola para o curso 2017-18. A partir da próxima semana, informarase de todos os detalles de preinscrición e matrícula


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores