Noticias
12 de xullo de 2017
Matrícula 2017-18 aberta para Cadetes e Xuvenís ata o 31 de xullo

O Pescados Rubén Burela FS abre hoxe o prazo de matrícula 2017-18 para as categorías Cadete e Xuvenil, ata o luns 31 de xullo.



A formalización da matrícula debe tramitarse nas oficinas do club (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 91, baixo). Tamén se poderá descargar o formulario dende www.burelafs.org e envialo ao correo electrónico escuelasdeportivas@burelafs.org ou ao fax 982575147.



Cada xogador deberá acudir directamente a Living Sport (rúa Trapero Pardo, 14, Foz), sponsor oficial do club, para escoller o seu pack deportivo:



Opción 1 (150 €): Chándal, sudadeira, bermuda e camiseta de paseo, mochila, térmica, pantalón longo de adestramento e roupa de adestramento (dúas camisetas e un pantalón curto).
Opción 2 (130 €): Chándal, sudadeira, bermuda e camiseta de paseo, mochila e roupa de adestramento (dúas camisetas e un pantalón curto).


As persoas interesadas poden recibir máis información nas oficinas do club ou a través do número de teléfono 982 581 815.



Horario de atención ao público


De luns a xoves: 10.00-14.00 horas
Venres: 10.00-15.00 horas

Documentos relacionados:
41 KB
Formulario Cadete 2017-18
41 KB
Formulario Xuvenil 2017-18
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores