Noticias
21 de xullo de 2017
Shiori causa baixa hoxe no Pescados Rubén

A xaponesa Shiori Nakajima causará baixa hoxe no Pescados Rubén Burela FS Pescados Rubén tras solicitar a rescisión do contrato que remataba o 6 de setembro.



Shiori defendeu as cores do club mariñán durante 3 tempadas; despois dunha grave lesión de xeonllo sufrida coa selección nipona durante o Campionato Mundial de Guatemala en decembro de 2015, a xogadora puido volver vestir o 18 laranxa co comezo de 2016-17.



A Familia Laranxa deséxalle sorte no que será o seu novo equipo, o Móstoles FSF, segundo deu a coñecer o club madrileño.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores