Noticias
18 de agosto de 2017
Santiago, en pugna polo Burela Bonita, mañá ante os interistas
O Santiago Futsal converteuse no segundo candidato a optar polo trofeo do Torneo Burela Bonita tras impoñerse ao Pescados Rubén Burela FS (1-4). Vista Alegre acollerá a loita dos anfitrións polo terceiro posto mañá, ás 19.00 horas, fronte a Palma Futsal. Ás 21.00 os composteláns pelexarán polo trofeo ante o todopoderoso Movistar Inter, que venceu na primeira semifinal aos insulares (3-2).


Os burelistas víronse obrigados a remar contracorrente cun balón que se lle escapou por case nada a Hélder sobre a meta tras superar Alex Diz a Edu. Dúas das novidades mariñás a punto estiveron de sorprender a Iago Barro no minuto 12, primeiro Colacha cun potente disparo desde a pista laranxa, e máis tarde Víctor, estrelándose contra o corpo do meta viveirense. E á terceira foi a vencida; Chus estreouse ante a bancada laranxa subindo o empate con dobre penalti no minuto 15. Edu non tiña traballo. Vista Alegre viviu un último minuto con gran perigo dos laranxas, con Hélder e dobre tentativa de Chus. Non estiveron finos os de Juanma Marrube e soubo aproveitalo o Santiago Futsal para recuperar a vantaxe antes do descanso; a falta de 8 segundos Everton rubricou o 1-2 tras falta de Renato.

O balón parado volveu castigar os de Juanma Marrube no regreso ao parqué, con nova diana de Everton fronte a Álex nesta ocasión (minuto 22). Colacha puido reducir distancias no 26, sen éxito, leándose no chan con porta baleira. Tivo outra oportunidade de ouro, segundos despois, Chus, despexada con solvencia por Iago Barro. O ex-porteiro laranxa converteuse nun muro infranqueable para os burelistas no ecuador da segunda parte. Álex tamén se erixiu como protagonista nos últimos minutos con dúas magníficas intervencións ante Zequi. No minuto 38, volveu á espreita Chus, ante un atento Iago Barro. A falta de 35 segundos Isma asegurou o segundo billete para a final do Burela Bonita, anotando o 1-4 definitivo, aproveitando o bloqueo do 13 laranxa fronte Álex V.


Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Hélder, Luisma, Chus, Renato, cinco inicial; tamén xogaron Pope, Colacha, Cora, Víctor, Edmilson, Álex

Santiago Futsal: Iago Barro, Álex V., Isma, Álex Diz, Everton, cinco inicial; tamén xogaron Antonio Diz, Gonzalo Alonso, Hugo Sánchez, Zequi, Armando, Brian Niebla

Goles: 0-1, minuto 8, Álex Diz; 1-1, minuto 15, Chus; 1-2, minuto 20, Everton; 1-3, minuto 22, Everton; 1-4, minuto 40, Isma

Arbitros: Dans Rey // Carreira Romero. Por Santiago amarela a Hugo Sánchez (minuto 29). Por Burela amarela Renato (minuto 20), Hélder

Incidencias: Partido de semifinais do Torneo Burela Bonita disputado en Vista Alegre con 900 espectadores. A Bomboneira ofreceu un sentido minuto de silencio en solidariedade cos afectados polo atentado de Barcelona
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores