Noticias
28 de agosto de 2017
Matrícula da Escola Burela FS 2017-18, aberta ata o mércores
Cadete, Torneo de Valladolid 2017 Luismi, con Españ Sub-17

Quedan 3 días. Ata o mércores 30 de agosto todos os pequenos/as amantes do balón poderán reservar a súa praza na escola do Pescados Rubén Burela FS para o curso 2017-18, nas categorías de Iniciación, Miniprebenxamín, Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil.



A formalización da matrícula debe tramitarse nas oficinas do club (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 91, baixo). Tamén se poderá descargar o formulario dende www.burelafs.org e envialo ao correo electrónico escuelasdeportivas@burelafs.org ou ao fax 982575147.



Un ano máis, as familias que matriculen máis dunha nena ou neno terán un 20% de desconto, a partir da segunda matrícula. A tramitación deberá ir acompañada de tres fotos tamaño carné e tres fotocopias do DNI do neno/a. (Formulario adxunto)



As persoas interesadas poden recibir máis información nas oficinas do club ou a través do número de teléfono 982 581 815. Horario de atención ao público: De luns a xoves: 10.00-14.00 horas // Venres: 10.00-15.00 horas



Luismi, con España Sub-17. O meta xuvenil volveu pisar terras burelás onte tras a emocionante experiencia dunha semana concentrado coa Selección Española Sub-17 en la Ciudad de Las Rozas. O combinado de Venancio López clausurou a concentración cun partido de adestramento o sábado fronte a Movistar Inter (3-3), no que Luismi puido dispoñer de valiosos minutos na recta final da primeira parte e no comezo da segunda, compartindo responsabilidades cos outros dous porteiros, Said Amar (Peña Real Madrid) e Antonio Navarro (Aljucer-ElPozo Murcia).


Torneo Valladolid Ciudad del Deporte. O conxunto cadete estreou o traballo de 2017-18 sobre a pista co Torneo Valladolid Ciudad del Deporte esta fin de semana, con rivais de referencia no traballo de base. Comezou o Futuro Laranxa cun empate ante Laguna FS (2-2); nos seguintes compromisos o resultado non estivo da parte dos burelistas, fronte a Salamanca e Valladolid Tierno (0-6 e 8-1). Na pugna polo 7º posto, o domingo, o River Zamora impúxose (6-1).

Documentos relacionados:
69 KB
Formulario Escola 2017-18
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores