Noticias
28 de agosto de 2017
O Fisgón 1- 7 Pescados Rubén

O conxunto laranxa finalizou o seu periplo por terras portuguesas e pontevedresas cunha folgada vitoria ante O Fisgon Marín, equipo que militará en Segunda División RFEF grupo 4.


As mozas de Julio Delgado comezaron cun alto ritmo de xogo e xa nos primeiros minutos dominaban o xogo e o marcador. O banco laranxa movíase con soltura e rapidez xogando todas as integrantes do plantel desprazado nesta intensa fin de semana. Cilene adiantaba as mariñás nunha acción de ataque estático, mentres que a moza Carol remachaba un roubo de balón de Cris, moi activa na presión burelesa. Un xogadón entre a cadete do club, Cris e a recentemente incorporada desde Brasil, Tai Menezes, culminábao a portuguesa Sara Correia cun tiro axustado desde fóra da área. A réplica local púxoa Charo ao culminar unha acción individual con remate acertado ante Ana Romero. Co 1-3 chegouse ao descanso.


No reinicio, a tónica do encontro non cambiou, dominio e ocasións das burelesas ante un O Fisgón que só podía defenderse ante as avalanchas de xogo visitante. Lara, de cabeza tras asistencia de Judith e Tai Menezes, ao culminar acrobaticamente unha xogada entre ela e a novísima Cris, puxeron o cuarto e quinto gol laranxa nos primeiros minutos da segunda metade.


O dominio constante no xogo traduciuse en máis goles visitantes; Judith anotaba o sexto tras toque sutil coa súa zurda e Dany non podía faltar á súa cita co gol e facía diana de potente chut facendo o sétimo. Replicaba o conxunto local, pero Kiko a súa capitá non acertaba ante Jozi cando faltaban dous minutos para o final do choque e outro remate da Cris local, sacáballe Jozi coa súa man cando parecía ser o segundo gol pontevedrés.


En conclusión, vitoria sen paliativos das laranxas que finalizan a súa minixira con TRES VITORIAS e unha derrota, totalizando 20 goles a favor e 6 en contra e o máis importante con nada menos que 10 xogadoras distintas como goleadoras.


FICHA TÉCNICA


PABELLÓN A RAÑA DE MARÍN, BOA ENTRADA NO PARTIDO PRESENTACIÓN DO CLUB O FISGÓN MARÍN. UNHAS 400 PERSOAS PRESENCIARON O CHOQUE.


O FISGÓN: ZABALETA; KAREN, LOLO, KIKO E CHARO -inicio- KUN, SUKI, PAU, CRIS, ALBA e MARIÑA.


PESCADOS RUBÉN BURELA FS: ANA ROMERO; CILENE, JUDITH, LARA E DANY-inicio- TAI MENEZES, CAROL, CRIS, JULIA FORSIUK, SOFIA, SARA CORREIA, LAU, BEA MATEOS, LETI E JOZI.


GOLES: 0-1 min 1,30 Cilene; 0-2 min 4,30 Carol; 0-3 min 14 Sara Correia; 1-3 min 16 Charo-descanso- 1-4 min 2 Lara; 1-5 min 6 Tai Menezes; 1-6 min 10 Judith; 1-7 min 15 Dany.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores