Noticias
30 de agosto de 2017
Galipizza, pasarela na presentación de indumentaria 2017-18 de Primeira

O Pescados Rubén Burela FS de Primeira RFEF estendeu esta mañá a súa alfombra de gala en Galipizza Viveiro para dar a coñecer a indumentaria de Joma para a nova tempada. O establecemento patrocinador do equipo mariñán converteuse en pasarela por un día coa presenza de xogadoras e corpo técnico, xunto ao presidente, Manuel Blanco, e os directivos Rubén Blanco, José Ángel Dovale e José Manuel Vázquez.


Ademais das capitás Bea Mateos e Jozi, Dany e Ana Romero, que luciron as equipacións de xogo, tamén posaron Lara, Sara e Julia con roupa de paseo, Cilene e Tai, con indumentaria de viaxe, e Judith e Sofía, con pezas de adestramento.


Tras o acto, o paseo de Covas foi o escenario escollido polas mariñás para convidar os viandantes ao partido de presentación do equipo en Vista Alegre, que terá lugar o sábado, ás 19.00 horas, con entada gratuíta. O Pescados Rubén Burela volverá verse as caras co Poio Pescamar FSF, tras o dobre enfrontamento no Torneo Cidade Viana do Castelo da fin de semana pasada con 1-2 para as pontevedresas e 1-8 para as burelistas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores