Noticias
7 de setembro de 2017
O Esteo FS 0-3 Pescados Rubén

O Pescados Rubén Burela FS resolveu na segunda parte o amigable fronte ao Esteo FS con protagonismo goleador de dúas caras novas: Luisma, no 26, dende saque de esquina, e Colacha, por partida dobre, no último minuto.


“Chegabamos ás Pontes cansos despois de dúas sesións duras pero aínda así soubemos expoñer un partido serio e controlado en todas as fases do xogo” explicaba Juanma Marrube tras unha cita na que tamén destacou a importancia de acabar coa portería a cero e de conceder poucas ocasións ao rival, ademais da participación dos máis novos, tanto de Mini coma de Nito e Pitero, con Luismi baixo paus durante toda a segunda parte. “Continuamos reafirmándonos nun bo traballo de defensa, unha fortaleza de equipo e grupo que nos dará moito ao longo da tempada, e avanzando na circulación de balón e finalización; o importante é xerar ocasións e ante O Esteo así o fixemos” explicaba o técnico burelista.


Noia e Santa Isabel antes da Liga


O Pescados Rubén Burela FS aínda ten dous compromisos por diante antes de estrear a liga 2017-18 o 16 de setembro en Valdepeñas. Este sábado visitará en amigable o Noia FS (19.30 horas) e o martes, día 12, medirase en Copa Galicia ao Santa Isabel (Outeiro de Rei, 21.00 horas).



Ficha técnica


O Esteo FS: Jesús, Dani Martínez, Juan Cruz, Gerardo, Héctor, cinco inicial; tamén xogaron Martín, Ayrton, Rober, Gago, Ayalita


Pescados Rubén Burela: Álex, Cora, Hélder, Chus, Pope, cinco inicial; tamén xogaron Víctor, Luisma, Colacha, Renato, Kelson, Mini, Pitero, Nito, Luismi


Goles: 0-1, minuto 26, Luisma; 0-2, minuto 40, Colacha; 0-3, minuto 40, Colacha


Incidencias: Partido de presentación do Esteo FS disputado no pavillón municipal das Pontes. 



 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores