Noticias
14 de setembro de 2017
Continúa o traballo de pretempada para o Futuro Laranxa

Continúa o traballo de pretempada para os equipos Xuvenil, Cadete e Infantil do Pescados Rubén Burela FS antes de internarse nas competicións ligueiras.


Os xuvenís, que se estrearán en División de Honra o 23 de setembro coa visita do Cidade de Narón, medíronse ao Rodiles o sábado pasado con vitoria 2-4. Pola súa banda, Cadetes e Infantís disputaron senllos amigables fronte ao Lugo Sala, con triunfo para os primeiros (1-3) e empate para os segundos (3-3).


Comezo da escola
O resto dos equipos burelistas de base sumaranse aos adestramentos nos vindeiros días. -Horarios provisionais adxuntos-


Últimas prazas libres
Os interesados en formar parte da escola laranxa poden informarse das prazas libres en cada categoría (Iniciación, Prebenxamín, Bexamín, Alevín e Infantil) nas oficinas do club (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 91, baixo).



Horario de atención ao público: De luns a xoves: 10.00-14.00 horas e 16.00-19.00 horas // Venres: 10.00-15.00 horas

Documentos relacionados:
368 KB
Horarios PROVISIONAIS ED Pescados Rubén Burela FS 2017-18
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores