Noticias
14 de setembro de 2017
Presentación do corpo técnico-médico de Primeira 2017-18

O Pescados Rubén Burela FS deu a coñecer esta semana o corpo técnico-médico do equipo de Primeira División RFEF 2017-18, xunto ao presidente, Manuel Blanco Fanego. Cos adestradores Julio Delgado e Iván Cao, Lucas, continuará traballando o preparador físico Míchel Couceiro e súmanse a fisioterapeuta ribadense Sandra Saavedra, que xa acompañou o cadro na Copa de España Poio 2017, e o adestrador de porteiros do Comarcal A Fervenza FSF, Fran Paz. A ex-xogadora burelista Emma Losada exercerá as tarefas de delegada.


No apartado médico o equipo contará coa supervisión da nutricionista Alba Vila e o podólogo Miguel Murias, xunto ao doutor Francisco Javier Fernández Couce, que non puido participar na presentación por motivos laborais.


Estrea ligueiro en Vista Alegre


A liga de Primeira arrincará este sábado, ás 18.30 horas, en Vista Alegre, coa visita do Majadahonda FSF Afar4 na primeira xornada.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores