Noticias
21 de setembro de 2017
Arrinca División de Honra en Vista Alegre

O Pescados Rubén Burela FS arranca a tempada en Liga de División de Honra Xuvenil este domingo, en Vista Alegre, coa visita do Cidade de Narón (19.00 horas). Calendario de División de Honra adxunto


O conxunto xuvenil que volverá dirixir Christian Fustes, con Mario Pillado como delegado e Simón Martínez como preparador físico, estará composto por Luismi Nieto, José Luis Sáez, Adilson de Jesús, Edmilson Gomes, Christian Rivas, Xosé Cayón, Sergio Rivas, Luka Eijo, Aarón Artime, Heurickson Gomes, Víctor Pedreira, Bruno García e Jairo Ares.


Outros compromisos


A canteira burelista desprazarase a Guitiriz o sábado pola tarde para disputar amigables nas categorías Xuvenil, Cadete, Infantil e Alevín (horarios adxuntos). O Xuvenil B mediuse onte ao Concello de Begonte en Bahamonde con vitoria laranxa por 0-3.

Documentos relacionados:
293 KB
Calendario 20-24 de setembro 2017
94 KB
Calendario Divisón de Honra Xuvenil 2017-18
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores