Noticias
21 de setembro de 2017
O Futuro Laranxa, acicate na Copa do Rei

A vitoria inicial do Pescados Rubén Burela FS en Copa de Rei fronte a Auzoak Ziérbena tivo tinte de Futuro Laranxa. Xunto á presenza baixo paus do xuvenil Luismi, cuxa eficacia nos penaltis lles outorgou o pase a dezaseisavos aos mariñáns, tamén disputaron minutos de moita responsabilidade Pitero e Nito, ademais de Cora. Tamén entrou na convocatoria o porteiro Bruno. 


“Foi un partido bastante intenso, bastante igualado e nos penaltis ao final tivemos sorte” recordaba Luismi. “Sentinme con moita confianza, arroupado polo equipo e, sobre todo, polos meus compañeiros xuvenís. Juanma falou comigo; transmitiume tranquilidade. Sabía que tiña que estar seguro e confiar no resto dos compañeiros”, explicaba o 19 laranxa, que soubo frear os locais en dúas ocasións tras o 2-2 da prórroga, apoiado pola sentenza máxima doutros dous canteiráns, con máis experiencia e rodaxe, Hélder e Renato.


“Déronme todos as noraboa” lembraba así o meta xuvenil o feliz desenlace da primeira eliminatoria de Copa, convertido na calma personificada, confesando a súa ilusión por seguir aprendendo co equipo de Juanma Marrube: “Espero seguir adestrando con eles e intentar aproveitar cada oportunidade que me brinden”.



Sorteo de dezaseisavos


Mañá, o Pescados  Rubén Burela FS coñecerá o seu rival de dezaseisavos no sorteo que se celebrará na sede da RFEF, ás 12.00 horas


Resultados da primeira eliminatoria:


• Cidade de Narón 2–3 Noia Portus Apostoli
• CDF Zierbana 2–2 Pescados Rubén Burela
• Guardo FS 4–3 Prone Lugo
• Castelldefels CCR 2–1 Elche CF Sala
• FS La Unión Las Palmas 2–7 Bisontes Castellón
• CFS Fonononos Gomerón 1–4 Rivas Futsal
• Window ABS Maroxata 2–6 Real Betis Futsal
• Pío Pío Temisas – Tenerife Iberia Toscal (jueves 21, 22.00 horas)
• Unión Africa Ceutí 4–6 CD UMA Antequera
• FS Talavera 1–3 CD Atlético Mengíbar
• Pinseque AD 2–4 FS Valdepeñas
• CFS Colo Colo 2–5 Manzanares FS
• Leganés FS 5–3 FSD Puertollano
• FS Cuellar 1–5 ITEA Córdoba CF Futsal



Ficha técnica
Auzoak Zierbena CDF:
Abel, Efrén, Iker, Fali, Martos, cinco inicial; tamén xogaron J. Martín, Arenal, Jonan, Miguelín, Kimetz e Valen
Pescados Rubén Burela FS: Luismi, Luisma, Víctor, Chus, Renato, cinco inicial; tamén xogaron Pope, Hélder, Cora, Kelson, Pitero, Nito
Goles: 1-0, minuto 23, Iker; 1-1, minuto 31, Luisma; 1-2, minuto 42, Hélder; 2-2, minuto 44, Martos. Penaltis: Por Burela Hélder e Renato
Árbitros: Felipe Madorrán//Egia Etxearte. Por Ziérbena amarela para Iker. Por Burela amarela para Luisma e Pope
Incidencias: Partido correspondente á primeira eliminatoria de Copa do Rei disputado en Ziérbena.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores