Noticias
22 de setembro de 2017
La Liga de Segunda arranca en Vista Alegre con ElPozo (sábado 23, 19.30 horas)

Por fin, a liga de LNFS volve a Vista Alegre. O Pescados Rubén Burela FS recibirá mañá, na 2ª xornada de Segunda División, a ElPozo Ciudad de Murcia. O partido, que comezará ás 19.30 horas, poderá seguirse en directo por streaming con LNFS.


“Vai ser un encontro moi igualado. Estivemos traballando os cortes e a profundidade que teñen en ataque” explicaba Renato, moi ilusionado con poder conseguir os primeiros puntos da tempada neste complicado reto. “Juanma pediunos oficio e ser fieis ao que estamos traballando nos adestramentos”, advertía o 12 laranxa, artífice dun dos penaltis que lles deu ao mariñáns o pase a dezaseisavos da Copa do Rei esta semana, fronte ao Auzoak Ziérbena. “Foi un partido difícil, como esperabamos, nunha cancha difícil, pero por fortuna, con traballo e coa sorte dos penaltis, ao final puidemos gañar”. (LIGAZÓN)


ElPozo, que adestrará esta tarde no pavillón burelao, chega á Mariña con 3 puntos na súa cuadrícula, tras impoñerse por 2-1 ao Manzanares na primeira xornada.


Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 4. Víctor, 5. Hélder, 6. Luisma, 7. Chus, 9. Colacha, 10. Matamoros, 11. Cora, 12. Renato, 13. Álex, 14. Pope, 19. Luismi, 20. Kelson


Convocatoria ElPozo Ciudad de Murcia: 3. Josema, 15. Guillamón, 16. José Mario, 23. Piqueras, 27. Yera, 28. Cobarro, 29. Tabuenca, 30. Gilbert, 34. Paniagua, 36. Sanabria, 38. Cámara, 44. Gambín


Carnés dispoñibles
Os socios/as laranxas que aínda non recolleran o seu carné poderán facelo en Vista Alegre mañá, coincidindo co partido. Durante a semana, están dispoñibles na oficina da entidade (avenida Arcadio Pardiñas 91, baixo).



Horario de atención ao público: De luns a xoves entre as 10.00-14.00 e as 16.00-19.00 horas e os venres de 10.00 a 15.00 horas



Tarifas de socios/as para 2017-18
Individual: 80 euros Familiar: 140 euros
Xubilado: 50 euros
Abono 25 (de 18 a 25 anos): 25 euros
Menores de 18 anos: Gratuíto

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores