Noticias
29 de setembro de 2017
Ronsel de positividade para Córdoba

Aproveitando o impulso da estrea na casa con vitoria, o Pescados Rubén Burela FS pelexará por regresar da pista de Itea Córdoba CF Futsal (Vista Alegre andaluz, 19.00 horas) mañá cos tres primeiros puntos a domicilio, na terceira xornada de Segunda LNFS.


“A semana encárase doutro xeito tras conseguir os tres primeiros puntos na casa. Creo que foron bastante merecidos. Non é doadol deixar a porta a cero e máis en liga, pero estivemos moi ben en defensa e soubemos aproveitar as ocasións en ataque” recordaba Víctor López Real, autor do primeiro tanto do triunfo con ElPozo Ciudad de Murcia (3-0).


Os laranxas mediranse a un novel na categoría que, malia non puntuar ata o momento, está poñendo as cousas moi difíciles aos seus rivais: “É un recentemente ascendido, pero en Manzanares (4-3) só perdeu de 1 e na primeira xornada -Puertollano (2-5)- comezou gañando 2-0. Non é un rival fácil para nada e tamén sabemos o complicado que é vencer lonxe da casa; temos a referencia de Valdepeñas, onde fixemos un bo partido pero ao final non puidemos conseguir os tres puntos. Esperamos conseguilo esta semana”, advertía o 4 burelista, incidindo no puloo de puntos e anímico da semana: “O equipo está con boas sensacións, con ganas de seguir mellorando. Imos todos a un tempo; estamos facendo moi bo traballo en defensa e coa implicación necesaria para corrixir ese pouquiño que nos queda en ataque, sobre todo na saída de balón”, valoraba así o peche madrileño, recoñecéndose cómodo e a gusto na Mariña: “Atópome ben en Burela. Nesta segunda etapa aquí, as cousas están saíndo ben e esperamos que saian mellor. Ata estou marcando goles, algo que non é moi habitual en min, pero oxalá siga esta etapa, que será bo para o club, para o equipo e para min”, concluía Víctor.


O equipo de Juanma Marrube realizou a última sesión da semana, esta mañá (11.00 horas) xa en Córdoba. Kelson non entrará na convocatoria por unha pequena rotura de fibras.


Convocatoria Itea Córdoba: 4. Pakito, 5. Catiti, 7. Jesús Rodríguez, 8. Cristóbal, 9. David Leal, 10. Manu Leal, 11. Koseki, 14. Cordero, 15. Thiago, 18. Ismael, 22. Agus, 27. Cristian


Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 4. Víctor, 5. Hélder, 6. Luisma, 7. Chus, 9. Colacha, 10. Matamoros, 11. Cora, 12. Renato, 13. Álex, 14. Pope, 16. Pitero, 19. Luismi

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores