Noticias
29 de setembro de 2017
UCAM ElPozo, obxectivo para seguir na zona alta

O Pescados Rubén Burela FS recibirá mañá, na 3ª xornada de Primeira RFEF, o UCAM ElPozo Murcia, co obxectivo de defenfer a súa posición na zona alta, compartindo liderado con Móstoles e Ourense Envialia, empatados a 6 puntos. A cita arrincará en Vista Alegre ás 18.30 horas.


“É un equipo moi dinámico, moi novo, con moitísimo percorrido dentro da pista, bastante loitador e atrevido” analizaba así Julio Delgado as murcianas, que chegan á comarca mariñá con 2 puntos, tras empatar a Roldán (1-1) e Leganés (3-3). “Vai suscitar un partido difícil. Se non saímos concentrados desde o principio imos sufrir moito” advertía Julio Delgado, incidindo no equilibrio da liga esta tempada, coa posibilidade de moitas sorpresas: “Este ano calquera equipo che pode facer dano e aposto por que o UCAM vai dar máis dunha sorpresa. De feito na primeira xornada empatou na casa do Roldán e precisamente o Roldán vén de gañar a Futsi”, coincidindo coa murciana do Pescados Rubén, Ana Romero: “Espero e desexo gañar, pero vai ser un partido duro porque o rival é un equipo novo, pero bastante traballado, e vainos dar guerra. Con todo, se todo vai como temos previsto, co traballo da semana podemos sacar o partido adiante” recoñecía a 12 burelista, comezando a súa segunda tempada no Pescados Rubén: “Estou vivíndoo doutra forma, desde o minuto uno, co apoio das compañeiras. Sei que todas confían en min, como eu nelas. Estou moi contenta de poder achegar ao equipo e de dar todo o que teño” mostrábase ilusionada a meta.


Para Julio Delgado, “a regularidade e a concentración” serán as grandes armas desta tempada para estar arriba e para iso está traballando e medrando o Pescados Rubén: “A medida que van pasando os días a nivel físico o persoal cada vez mellor está mellor, están máis conxuntadas; nese aspecto xa estamos vendo o crecemento das xogadoras. Talvez fainos falta máis tempo para ir collendo conceptos e as ideas de fútbol sala que propoñemos Lucas e eu. Agora, é importante ir sacando resultados nas primeiras xornadas, pero tamén sen sufrir tanto, para que as xogadoras novas collan confianza. Poñer antes o corazón que a cabeza pódenos traizoar e sobre iso estamos traballando” concluía o técnico laranxa.


Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Cilene, 10. Lara, 12. Ana Romero, 13. Sara Correia, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 16. Tai, 17. Sofía, 37. Julia Forsiuk


Carnés dispoñibles
Os socios/as laranxas que aínda non recollan o seu carné poderán facelo en Vista Alegre mañá, coincidindo co partido. Durante a semana, están dispoñibles na oficina da entidade (avenida Arcadio Pardiñas 91, baixo).


Horario de atención ao público: De luns a xoves entre as 10.00-14.00 e as 16.00-19.00 horas e os venres de 10.00 a 14.00 horas


Tarifas de socios/as para 2017-18
Individual: 80 euros Familiar: 140 euros
Xubilado: 50 euros
Abono 25 (de 18 a 25 anos): 25 euros
Menores de 18 anos: Gratuito
 


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores