Noticias
7 de outubro de 2017
Atlético de Madrid 6-3 Pescados Rubén Burela FS
O Pescados Rubén Burela FS sucumbiu no gran duelo da pista do todopoderoso Atlético de Madrid (6-3), nunha cita na que o espectáculo goleador se fixo esperar ata a segunda parte. A xornada 4 deixa as mariñás en pugna pola cuarta praza de Primeira coas madrileñas (9 puntos), con Ourense Envialia, Jimbee Roldán e Móstoles no podio, con 10 puntos.
Despois do descanso, o rápido gol de Marta Pelegrín, no 23, abriu definitivamente o encontro, con intensas idas e vindas de ambas as escuadras. Reestableceu as táboas no marcador, tan só 2 minutos despois, Dany, de disparo cruzado, e Lara, no 30, puxo por diante as laranxas pola escuadra. A vantaxe mariñá viuse diluída superada a medianía do segundo acto, co 2-2 de Ju Delgado nun potente lanzamento. Reaccionaron as de Julio Delgado e Lucas con xogo de cinco, pero quen atopou os beneficios foi o conxunto lcoal, en senllos roubos de balón; desde cancha propia Marta Pelegrín e Amelia poñían e 4-2 a cinco minutos da conclusión. Desi a pase de Leti asinou o 5-3, no 37. As galegas non baixaron os brazos en busca da remontada e Bea Mateos rubricou o 5-3 a porta baleira, con pouco máis dun minuto para o desenlace. Amelia culminando unha contra foi a autora do definitivo 6-3. Fonte: ACFSF (Gustavo Voces)

Ficha técnica
Atlético de Madrid Navalcarnero: Estela, Marta, Leti, Ju Delgado, Ame, cinco inicial; tamén xogaron Bruna, Desi, Nerea Moldes, María Sanz
Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Cilene, Bea Mateos, Julia Forsiuk, cinco inicial; tamén xogaron Lara, Sara Correia, Judith, Sofía
Goles: 1-0, minuto 23, Marta; 1-1, minuto 25, Dany; 1-2, minuto 30, Lara; 2-2, minuto 32, Ju Delgado; 3-2, minuto 34, Marta; 4-2, minuto 36, Ame; 5-2, minuto 37, Desi; 5-3, minuto 39, Bea Mateos; 6-3, minuto 40, Ame.
Árbitros: Báez Perandones//Morales Ibáñez (Madrid). Por Navalcarnero, amarela a Desi, Nerea e Ju Delgado
Incidencias: Partido da cuarta xornada de Primeira División RFEF disputado en La Estación
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores