Noticias
9 de outubro de 2017
Apúntate ao derbi lugués!

Todos os afeccionados/as que queiran asistir ao derbi lugués de Segunda LNFS, o sábado 14 de outubro, poderán facelo a través da viaxe organizada polo Pescados Rubén Burela FS.


O club poñerá a disposición dos todos os interesados/as o desprazamento en autobús e entradas por tan só 10 euros; a viaxe realizarase cun mínimo de 30 afeccionados/as.


As persoas que así o desexen deberán apuntarse na oficina do club (avda. Arcadio Pardiñas 91, baixo).



Horarios:
Saída: Sábado 14 de outubro, Vista Alegre (cafetería), ás 16.00 horas
Destino: Pavillón Municipal de Deportes de Lugo
Partido: Prone Lugo-Pescados Rubén Burela FS (18.00 horas)
Regreso: Ao remate do encontro



Data límite para apuntarse: Mércores 11, 18.00 horas

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores