Noticias
9 de outubro de 2017
Martes de Copa en Vista Alegre

O Pescados Rubén Burela FS recupera mañá o arrecendo a derbi irmandiño da elite, coa visita de mañá do Santiago Futsal (Vista Alegre, 20.30 horas) nos dezaseisavos de Copa do Rei. “Un derbi sempre é diferente; desta vez tócanos xogar en Vista Alegre e intentaremos darlle unha alegría á afección e pasar de rolda”, explicaba un dos capitáns laranxas, o meta Edu.


Os de Santi Valladares estrearanse na competición cos mariñáns, tras conseguir o primeiro punto da liga, na xornada pasada co Ribera Navarra (2-2): “Esperamos un rival necesitado, por tal e como lle está indo o comezo de tempada, por iso virá con moitas ganas para coller boas sensacións de cara á liga, pero nós na casa estamos sendo fortes e imos pelexar por non concederlles nada” explicaba o 1 dos laranxas, que superaron o Ziérbena na primeira eliminatoria.


Para os de Juanma Marrube este será o segundo de tres partidos nunha semana, tras a terceira vitoria consecutiva da liga, con Bisontes Castellón (2-1) e antes da quinta cita de liga, o sábado, na pista do Prone Lugo (18.00 horas):  “É unha semana diferente; temos dous derbis, vívense doutra forma, con esa rivalidade sa que sempre hai entre clubs. Traballaremos para sacar os dous partidos adiante, un porque xogamos na casa e pasar de rolda sería moi bonito e outro porque estamos moi ben situados na liga e temos que seguir” adiantaba o porteiro naronés, que regresou o sábado á convocatoria laranxa tras unhas semas con molestias: “Estou traballando ben, recuperando sensacións por semana para o día que me toque volver poder estar ao cento por cento” puntualiza Edu.



Enfrontamentos dos dezaseisavos de final da Copa de S.M. O Rei:


Rivas Futsal – Levante UD FS (10/10/2017 - 20:00 horas - Parque Sureste)
FS Valdepeñas – Ríos Renovables Zaragoza (10/10/2017 - 20:30 horas - Ciudad Deportiva)
Pescados Rubén Burela – Santiago Futsal (10/10/2017 - 20:30 horas - Vista Alegre)
CD UMA Antequera – Jaén Paraíso Interior (10/10/2017 - 20:45 horas - Fernando Argüelles)
Leganés – Naturpellet Segovia (10/10/2017 - 21:00 horas - La Fortuna)
Real Betis Futsal – Palma Futsal (10/10/2017 - 21:00 horas - Centro Deportivo Amate)
Software DELSOL Mengíbar – Plásticos Romero Cartagena (10/10/2017 - 21:00 horas - Sebastián Moya Lorca)
Tenerife Iberia Toscal – Gran Canaria FS (10/10/2017 - 22:00 horas - Palacio Municipal de Deportes)
Castelldefels – Catgas Energía (11/10/2017 - 20:30 horas - De Can Vinader)
Bisontes Castellón – Peñíscola RehabMedic (11/10/2017 - 20:45 horas - Ciutat de Castelló)
Guardo FS – Aspil Vidal Ribera Navarra (11/10/2017 - 21:00 horas - Municipal de Guardo)
Itea Córdoba CF Futsal – ElPozo Murcia (11/10/2017 - 21:00 horas - Palacio Vista Alegre)
Manzanares FS – CA Osasuna Magna (11/10/2017 - 21:00 horas - Municipal de Manzanares)
Noia Portus Apostoli – O Parrulo Ferrol (11/10/2017 - 21:15 horas - Municipal de Noia)

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores