Noticias
13 de outubro de 2017
Estrea de derbis ligueiros, este sábado en Lugo
O Pescados Rubén Burela FS pechará a semana de arrecendo irmandiño o sábado en Lugo, estreando os derbis galegos de liga na pista do Prone (18.00 horas, Pavillón Municipal de Deportes), na quinta xornada de Segunda LNFS. Deixando atrás o fatídico envite de Copa do Rei ante Santiago, os laranxas pelexarán por seguir medrado, perseguindo o cuarto triunfo consecutivo: “Estamos nunha boa racha en liga, cunha confianza bastante alta, aínda que non debemos descoidarnos porque o rival vén de gañar, en Manzanares, e estará moi motivado para conseguir a primeira vitoria na casa” explicaba Sergi Orgillés, Pope.

Os de Juanma Marrube defenderán a segunda praza, con 9 puntos, nun derbi de contrastes, fronte ao décimo quinta dos lugueses, con 3: “Esperamos un partido que non será doado; sabemos que nalgúns momentos se nos vai poñer costa arriba. Xa o vimos en pretempada, con empate 3-3 en Lugo, e non podemos cometer os mesmos erros; nesa ocasión fallamos moitísimo en finalización e este sábado non se pode repetir, temos que materializar todo o que poidamos” advertía o catalán, integrado na Familia Laranxa: “Atópome ben, aínda fáltame rodaxe, pero estou ben, xa o falei con Juanma varias veces, tanto física coma animicamente”.
Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 4. Víctor, 5.Hélder, 6. Luisma, 7. Chus, 9. Colacha, 10. Matamoros, 11. Cora, 12. Renato, 13. Álex, 14. Pope, 16. Pitero, 19. Luismi

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores