Noticias
16 de outubro de 2017
Acompáñasnos a Ourense?

Todos os afeccionados/as que queiran asistir ao primeiro derbi galego de Primeira RFEF para as laranxas, o sábado 21 de outubro, na pista do Cidade das Burgas, poderán facelo a través da viaxe organizada polo Pescados Rubén Burela FS.



O club poñerá a disposición dos todos os interesados/as o desprazamento en autobús e entradas por tan só 14,50 euros; a viaxe realizarase cun mínimo de 30 afeccionados/as.



As persoas que así o desexen deberán apuntarse na oficina do club (avda. Arcadio Pardiñas 91, baixo).




Horarios:
Saída: Sábado 21 de outubro, Vista Alegre (cafetería), ás 16.00 horas
Destino: Pavillón Os Remedios de Ourense


Partido: Cidade das Burgas-Pescados Rubén Burela FS (19.30 horas)
Regreso: Ao remate do encontro




Data límite para apuntarse: Xoves 19 de outubro, 19.00 horas

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores