Noticias
17 de outubro de 2017
Visita Laranxa á Fundación Eu Son

Os metas laranxas Edu e Jozi e o ala Chus visitaron esta mañá as instalacións da Fundación Eu Son en Burela, entidade que presta servizos a persoas adultas con discapacidade intelectual da comarca da Mariña, para achegar o fútbol sala.


Os representantes do Pescados Rubén Burela FS foron recibidos como grandes ídolos entre os usuarios, moitos deles grandes coñecedores e afeccionados de Vista Alegre. Edu, Jozi e Chus fixeron entrega de carnés personalizados totalmente gratuitos para toda a tempada, así como de gorras laranxas, agradecendo o apoio deste colectivo e invitándoos a seguir presenciando e animando nas citas desta nova tempada.


Integradas na colaboración que o club mariñán e a Fundación Eu Son manteñen desde hai varias tempadas, tamén figuran varias actividades conxuntas de promoción de fútbol sala. Nas próximas semanas a Familia Laranxa e a de Eu Son poderán compartir unha xornada de convivencia co deporte como protagonista.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores