Noticias
24 de outubro de 2017
Colaboración coa República Dominicana
O Pescados Rubén Burela FS segue fiel á súa política de solidariedade e axuda co futsal internacional e de base. Co apoio de Living Sport, a directiva laranxa Cesarina Fanego fixo entrega a Joaquín Vázquez, colaborador do club, de material deportivo para os nenos e nenas das escolas NH Bulldog Futsal de Santo Domingo e Futsal Jugadorcitos de Los Alcarrizos, ambos na Republicana Dominicana. As devanditas escolas promoven e divulgan o futsal en diversos puntos da illa caribeña; no acordo co club laranxa, contémplase así mesmo o intercambio deportivo cos máis destacados mozos dominicanos de futsal.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores