Noticias
27 de outubro de 2017
Un novel en tempos difíciles chega a Vista Alegre
O Pescados Rubén Burela FS disputará mañá en Vista Alegre a 7ª xornada de Primeira RFEF coa vista do Cádiz Polideportivo FSF (18.30 horas), un equipo novel na categoría que recala na Mariña na última praza, con tan só 1 punto.

“Estamos intentando poñer máis intensidade e concentración aos adestramentos porque o sábado pasado o partido complicóusenos máis da conta e non queremos que se volva repetir. Ademais na nosa casa non podemos fallar e se é con bo xogo moito mellor; temos que dar outra alegría á nosa afección” explicaba a capitá Bea Mateos, tranas o emocionante derbi en casa do Cidade das Burgas (3-4).

As pupilas de Julio Delgado e Lucas custodiarán a terceira praza (15 puntos), empatada coa segunda do Atlético de Madrid, fronte a un equipo que non está tendo unha boa estrea na elite, que só puido puntuar na terceira xornada con 5-5 en casa do Soto del Real. No entanto, a 14 laranxa non se fía ante un rival do que coñece moi pouco: “A ningún rival hai que infravaloralo. Temos que saír ao cento por cento e dar o máximo. A liga está moi emocionante, calquera equipo che pode poñer as cousas difíciles e hai que apertar moito para estar aí arriba” advertía Bea Mateos, unha das referencias na ofensiva de cinco das mariñás: “Ás xogadoras gústanos e adestrámolo moito; de momento estanos saíndo moi ben pero espero utilizalo menos porque iso significará que estaremos nun partido con máis vantaxe”.

“Aos poucos voume atopando mellor, o meu xeonllo non me deixa estar aínda ao cento por cento pero aos poucos as sensacións van sendo mellores”, puntualizaba Bea Mateos nesta recta inicial de tempada.

Julio Delgado e Lucas non poderán contar con Tai, polo seu fractura na man, nin con Judith, que se mancou no xeonllo esquerdo durante a semana.

Nas filas andaluzas, xunto ás lesións de Bea e Noe esta semana tampouco será da partida por lesión Lucía, mentres que Mari e Inma deberán cumprir un partido de sanción pola expulsión da última xornada. Emma, por motivos laborais, tampouco poderá desprazarse. Así o adestrador gaditano Kiko Oliva deberá completar a convocatoria con xogadoras do segundo equipo á espera que para a próxima semana poida recuperar polo menos a 3 xogadoras.

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Cilene, 10. Lara, 12. Ana Romero, 13. Sara Correia, 14. Bea Mateos, 17. Sofía, 37. Julia Forsiuk

Merenda cun bocado doce
Este sábado haberá un bocado doce para acompañar cada consumición do bar do pavillón.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores