Noticias
31 de outubro de 2017
Camiña abre as súas portas á Familia Laranxa

Os xogadores Luisma, Lara e Dany, acompañados polo directivo José Ángel Dovale, visitaron hai uns días a sede da Asociación Camiña de Burela, con persoas con discapacidade, para facerlles entrega aos seus usuarios dos carnés para a tempada 2017-18, ademais dunhas gorras como agasallo.


Os burelistas compartiron unha tarde moi animada cos membros de Camiña, que lles ensinaron moitos dos traballos e manualidades que realizan nos seus obradoiros, ademais de mostrarlles as súas instalacións na rúa Rafael Dieste, nun local rehabilitado en 2015.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores