Noticias
2 de novembro de 2017
Bo papel de Lugo Sub-16 no Galego

O combinado de Lugo Sub-16, co brillo laranxa de Miguel, Nicolau, Nicholas, Gustavo e David, pechou onte a súa participación no Campionato Galego de Seleccións Comarcais en Narón cun bo papel, indo de menos a máis. A selección dirixida polo burelista Christian Fustes, co apoio de Julio Delgado, inaugurou a cita sen goles ante Santiago (0-0). A igualdade tamén reinou fronte a Ferrol, aínda que o resultado non acompañou os lugueses (2-1). No último compromiso de grupo, o cadro de Fustes impúxose á Coruña (2-0).


 


Tan só 1 gol no cómputo xeral afastou a Lugo Sub-16 da súa clasificación para a final. 


 


Ferrol proclamouse campión tras vencer na cita definitiva a Vigo (3-2).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores