Noticias
3 de novembro de 2017
Sofía: 'Espero dar máis de min en Móstoles'

As pupilas de Julio Delgado e Lucas pecharán a xornada 8 de Primeira RFEF o domingo ás 12.30 coa visita á pista do Móstoles FSF, un rival que espera ao Pescados Rubén Burela FS na oitava praza (10 puntos) e con ganas de recuperar a vitoria, tras tres semanas sen puntuar.


Villafontana poñerá a proba ás mariñás, que defenden a segunda praza (18 puntos), a tan só 1 punto do liderado, do Jimbee Roldán. “Foi unha boa semana; traballamos con moita intensidade e ganas” explicaba a máis nova das burelistas, Sofía Vázquez, con moita participación e moi activa no triunfo do sábado pasado ante Cádiz Polideportivo FSF (6-1). “Sentinme moi a gusto e moi cómoda na pista. Espero dar máis de min en Móstoles" puntualizaba a ribadense, facendo fincapé no traballo da escuadra mariñá sobre “a defensa alta e a presión” para non conceder facilidades ao Móstoles.


A expedición laranxa partirá cara a Móstoles mañá ao mediodía, co regreso de Tai e Judith á convocatoria.


Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Cilene, 10. Lara, 12. Ana Romero, 13. Sara Correia, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 16. Tai, 17. Sofía, 37. Julia Forsiuk



 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores