Noticias
7 de novembro de 2017
O Burela visitará o Noia en cuartos de Copa Galicia

O Pescados Rubén Burela FS xa coñece o rival de cuartos de final na XVII Copa Galicia. O Noia Fútbol Sala recibirá os pupilos de Juanma Marrube en eliminatoria a partido único entre o 19 de xaneiro e o 24 de febreiro.


O 2-9 fronte a Santa Isabel, de Outeiro de Rei, en oitavos deulles o billete aos laranxas; pola súa banda os coruñeses impuxéronse a Valdesuso Peugeot Vilalba FS (0-2). A de Copa Galicia será a segunda cita entre burelistas e noieses en pouco máis dun mes, tras o peche da primeira volta de liga de Segunda LNFS e do ano 2017, o 23 de decembro, en Vista Alegre.



Os outros emparellamentos de cuartos de final:


Sport Sala Culleredo-O Esteo FS


Pizarras Los Tres Cuñados-Santiago Futsal


Sala Ourense-O Parrulo Ferrol FS


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores