Noticias
5 de decembro de 2017
Enfermidade de Jorge Matamoros
Ao pivote Jorge Valhermoso Matamoros foille detectado un carcinoma esta semana durante unha revisión rutineira. O xogador madrileño será intervido o vindeiro luns no Hospital da Costa de Burela.

Dende o Pescados Rubén Burela FS prégase encarecidamente respecto á intimidade de Matamoros e do seu contorno, nestes momentos tan delicados.

Mata, non estás só! Toda a Familia Laranxa está contigo!

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores