Noticias
16 de decembro de 2017
Punto importante
O Pescados Rubén Burela FS conseguiu sacar 1 punto importante nunha cancha complicada con 3-3 fronte ao Real Betis Futsal. Os de Juanma Marrube, levando sempre a batuta no marcador, conseguiron frear, con orde e seriedade, o gran potencial dos andaluces, que gañaron protagonismo especialmente a partir do minuto 30, co acicate da acumulación de faltas dos galegos.

O pavillón de Amate presenciou unha primeira parte de respecto mutuo na que pesou a tentativa de control en ambas as filas. Os da Mariña conseguiron marchar ao descanso con máis desafogo, con 1-0. Renato adiantou os laranxas superado o ecuador da primeira en xogada individual con disparo raso.

Edu freou o empate no regreso á pista, no minuto 22, ante Rubén Cornejo. Recortou Bermusell ante Luisma para asistir a Miguel Vázquez para poñer a igualada a falta de 11 minutos para o descanso. Pero pouco tardou o conxunto laranxa en volver dominar no electrónico, xusto na medianía do segundo acto; tras un repeler o pau unha gran tentativa do Betis, Luisma atopou o 2-1 en man a man co meta local no despexe de Burela. Os locais valéronse de Raúl Gómez para recuperar o equilibrio no 33 e de novo tocoulle a quenda aos de Juanma Marrube aproveitando un erro de Chano, que culminou Hélder (minuto 34). Soubo aguantar o Burela con gran resposta de Edu en penalti, pero o Betis conseguiu as táboas en dobre penalti segundos despois, con cinco minutos aínda por diante. Saltaron os de Juanma Marrube a por todas con xogo de cinco; respondeu o Betis no 38 coa mesma aposta sen máis alteracións.

Ficha técnica

Rea Betis Futsal: Raúl Jiménez, Raúl Gómez, Chano, Bermusell, Rubén Cornejo, cinco inicial; tamén xogaron Migo, Negro, Miguel, Ivi, Eric Pérez

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Víctor, Luisma, Chus, Colacha, cinco inicial; tamén xogaron Hélder, Renato, Pope, Kelson

Goles: 0-1, minuto 11, Renato; 1-1, minuto 29, Miguel; 1-2, minuto 30, Luisma; 2-2, minuto 33, Raúl Gómez; 2-3, minuto 34, Hélder; 3-3, minuto 35, Raúl Gómez (dobre penalti)

Árbitros: Castillo López // Hidalgo Marín (Murcia). Por Betis amarela a Raúl Gómez, Chano, Eric Pérez. Por Burela FS amarela a Edu, Colacha, Luisma, Álex, Hélder, Renato, Pope

Incidencias: Partido correspondente á xornada 14 de Segunda LNFS, disputado no pavillón municipal de Amate

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores