Noticias
18 de decembro de 2017
O pivote Héctor Albadalejo vestirá de laranxa en 2018

Héctor Albadalejo Blázquez (Barcelona, 1982) vestirá de laranxa para recibir o Ano Novo. O pivote catalán, procedente do Real Rieti da Serie A italiana, reforzará as filas do Pescados Rubén Burela FS para o arranque da segunda volta, previsto o 13 de xaneiro.


Con ampla experiencia na liga española, en Ourense, Martorell, Sícoris e Marfil Santa Coloma, Héctor deu o salto a Italia en 2011 con percorrido polo Acqua & Sapone, Lazio, Luparense, Pesaro-Fano e Real Rieti, co título da Winter Cup 2015 neste último. Na súa vitrina loce, ademais, un histórico dobrete, de liga e Copa, co belga Ache Gooik (2014-15).


O xogador chegará a Burela esta semana para coñecer os seus novos compañeiros.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores